A data da dimisión de Esperanza Aguirre: 17.912 (17 de setembro de 2012), entre os números máis vendidos da Lotaría de Nadal
Fálase
O sociólogo Carlos Neira analiza nun texto que se pode ler no seu blog a evolución do sentimento diferencial galego, que descendeu dende os máximos do periodo 93-98 (35-38%) até o actual 25%, e a súa relación co voto e estratexias dos partidos nacionalistas. Constata a recuperación deste espazo nas últimas eleccións e considera que o BNG cometeu grandes erros dende 2001 ao facer fincapé no eixo Galicia-España.
Levan aos xulgados como imputado a Pablo Herreros, o blogueiro que a través das redes sociais e dunha iniciativa en Actuable forzou a retirada dos anunciantes de La Noria por mor da emisión de contidos violentos. Tele5 acúsao de delictos de ameazas e coaccións. Herreros asegura no seu twitter que "está tranquilo"
Multan a un xornalista agredido pola Policía o 25-S en Madrid, dentro da estación de Atocha. Cóntao Cuarto Poder
O pleno municipal de Vigo aproba unha proposta do BNG para paralizar os desafiuzamentos en marcha. O PP vota en contra.
O DOG publica este martes o acordo do Parlamento que nomea os membros da Mesa, formada por PP e PSdeG.
A banca seguirá cobrando intereses de máis do 20% durante a moratoria aos desafiuzamentos. Paralízase o desaloxo, pero non a subasta nin os intereses.
Hoxe hai un ano Rajoy gañaba as eleccións xerais. El Diario repasa os seus incumprimentos.
Jean-François Copé gaña as primarias da dereita francesa por só 98 votos fronte a François Fillon nun proceso moi caótico. Copé representa o sector máis extremista e xenófobo da UMP.
O número de mortos en Gaza polos ataques de Israel supera xa os 100. Exipto, Qatar e Turquia comezan a intervir diplomaticamente para tentar que cesen as agesións.