A banca seguirá cobrando intereses de máis do 20% durante a moratoria aos desafiuzamentos. Paralízase o desaloxo, pero non a subasta nin os intereses.
Fálase
Hoxe hai un ano Rajoy gañaba as eleccións xerais. El Diario repasa os seus incumprimentos.
Jean-François Copé gaña as primarias da dereita francesa por só 98 votos fronte a François Fillon nun proceso moi caótico. Copé representa o sector máis extremista e xenófobo da UMP.
O número de mortos en Gaza polos ataques de Israel supera xa os 100. Exipto, Qatar e Turquia comezan a intervir diplomaticamente para tentar que cesen as agesións.
Los empresarios galegos que investiron en NCG esixenlle ao FROB que lles garanta os cartos. Declaran sentirse "engañados" porque a información que se lles deu da situación da entidad non era real
Centos de persoas concéntranse nas cidades galegas en protesta polos ataques do exército israeli sobre a poboación de Gaza. Na imaxe de @TraballadoAlcoa, o acto da Coruña
Google pagará 22,5 millóns de dólares por espiar os usuarios de Safari a través de cookies publicitarias. Google conseguira engadirlles un código ás cookies publicitarias en DoubleClick de forma que Safari pensaba que o propio usuario fixera unha excepción para a cookie. É a maior multa imposta pola Comisión Federal de Comercio contra unha soa empresa
O pasado domingo foi o día de maior consumo televisivo na historia do Estado español. En Galicia o tempo medio de permanencia ante a pantalla foi de 256 minutos. Cóntao La Información.
O PP esíxelle a Josep Antoni Durán i Lleida que abandone a presidencia da comisión de exteriores do Congreso e que entregue o seu pasaporte diplomático. Os populares fano despois de que o voceiro de CiU bromease coa posibilidade de ser o ministro de Exteriores dunha Catalunya independente. Cóntao o diario Ara.
O PSD e o CDS, maioría parlamentaria de Portugal, preparan unha modificación legal para que en todas as gasolineiras do país haxa, cando menos, unha mangueira de combustible "de baixo custo". No diario portugués Público.