As pensións non contributivas galegas caen ao mínimo dos últimos vinte anos. O número de perceptores queda en 42.000.
Fálase
A Deputación de Pontevedra retira as axudas ás touradas co apoio de PSdeG e BNG e a negativa do PP. A presidenta Carmela Silva revelou que o organismo provincial gastou máis de 120.000 euros en publicidade entre 2009 e 2014.
Anova aclara que o seu representante na coordinadora de Marea Pontevedra, David Carballal, renuncia á mesma "por incompatibilidade temporal coas dedicacións que ten en Anova", pero sinala que, ao contrario do publicado este venres, non implica que lle retire o apoio á plataforma. "Anova seguirá apostando pola confluencia das organizacións e as mareas cidadás", indica nun comunicado.
A xuíza do caso Patos ratifica as imputacións de Caballero, Louzán e a delegada da Xunta en Vigo. As imputacións son todas as solicitadas pola Fiscalía agás tres. Máis información, hoxe en Praza.
Feijóo participa nun novo vídeo do PP de Catalunya, neste caso falando en catalán, para pedirlle ao electorado que non opte pola independencia.
A familia de Franco garda na Coruña dúas pezas do Pórtico da Gloria. Cóntao Tanxente
O investimento educativo sobe no Estado pero mantense en niveis inferiores aos de antes da crise. Unha reportaxe de eldiario.es
Alfonso Tourís imponse na votación do comité local do PSdeG en Santiago. Impúxose á lista de Mercedes Rosón, que impugnara a candidatura gañadora por presentarse fóra de prazo.
O Dépor regresa de Sevilla cunha vitoria por 1-2 ante o Betis
O goberno de Ferrol saca adiante o modificativo de crédito tras apoialo o BNG na segunda votación. Cóntao Ferrol 360