Vigo xa celebra o ascenso do Celta. A festa continúa en Balaídos mentres se enche praza América.
Fálase
Remata o primeiro tempo en Balaídos. Celta 0 - Córdoba 0. Nin un remate a porta, nin un saque de esquina e tan só unha falta. Ningún dos dous equipos arrisca. No Madrigal, Villarreal B e Deportivo tamén empatan sen goles. O Valladolid iguala 1-1 co Guadalajara.
O Alondras perde pola mínima en Santander ante o Racing B (1-0) e terá que remontar na volta para seguir na loita polo ascenso a Segunda B.
Balaídos, ateigado, agarda o ascenso do seu equipo a Primeira División.
O Alondras perde 1-0 no Sardinero ante o Racing de Santander B, cando está a pique de rematar o partido
George Soros di que Alemaña ten "tres meses para salvar o euro", segundo publica The Telegraph
O Cerceda gaña 2-1 ao Fuenlabrada no partido de ida da súa eliminatoria de ascenso a 2ºB. Adiantouse Joselu para os galegos (28'), empatou Pachón (53') e marcou Souto o gol definitivo (57')
O Cerceda adiántase no Roxo ao Fuenlabrada no partido de ida da súa eliminatoria de ascenso a 2ªB. Joselu marcou no minuto 28 para poñer o 1-0
Máis de 500 sinaturas avalan xa a petición do Día das Letras Galegas para Roberto Vidal Bolaño. Pódese apoiar esta petición enviando un e-mail ao enderezo robertovidalbolanho@gmail.com
O voceiro do PP na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, José María Beneyto, afirmou que unha intervención de España por parte das autoridades económicas de Bruxelas é un escenario que "non hai que excluír" e que "non sería a "apocalipse".