A Xunta activou este luns a alerta laranxa por mor das elevadas temperaturas que se acadarán no interior e no sur de Galicia. En Ourense as máximas chegarán aos 40 graos e boa parte do país roldará ou superará os 35. A maior parte de Galicia sitúase ademais en risco extremo de incendio, segundo o indicador publicado por Medio Rural.
