A sobrevenda deixa en terra máis de 2.000 pasaxeiros con billete a Cíes. Despois de semanas de críticas pola masificación das illas, o Parque Nacional e a Xunta ordenaron dar a volta a catro barcos e permanecer en terra outros tantos ao superarse o cupo de visitantes diario
