Deteñen unha cuarta persoa pola desaparición do Códice Calixtino. Ademais do electricista que traballara na Catedral de Santiago, a súa muller e o seu fillo, a policía detivo no Milladorio a parella deste último
Fálase
Viñetas desde o Atlántico dedicaralle unha exposición a Dragon Ball na súa edición deste ano, que comezará o 6 de agosto. O evento contará coa participación de ilustradores como R. M. Guéra, Rubén Pellejero Bartolomé Seguí, José Domingo ou Homs
Adicae denuncia que o Banco de España "detectou e tolerou o escándalo das preferentes dende 2009" e mesmo realizou un informe no qu alertaba da excesiva complexidade destes produtos e instaba as entidades a convertelas en accións
O científico e empresario Craig Venter advirte de que “España pode tardar 20 anos en recuperarse dos recortes en ciencia”
O senador popular Juan Morano deixa o partido e pasa ao Grupo Mixto, despois de que fora suspendido polas súas declaracións e polo seu apoio ás reivindicacións dos mineiros. Votou en contra dos Orzamentos xerais en 13 ocasións.
A viúva de Arafat pide a exhumación do seu corpo, despois de que unha investigación xornalística de Al Jazeera revelara que o rais morrera envelenado con polonio.
Deteñen un antigo empregado da Catedral de Santiago como suposto autor material do roubo do Códice Calixtino. O home, electricista, fora despedido cando a Igrexa tivo que regularizar a situación laboral dos seus traballadores
O primeiro ministro francés, Jean-Marc Ayrault, confirma que en 2013 as persoas homosexuais poderán casar e adoptar fillos, cumprindo así unha das promesas electorais do presidente do país, François Hollande. En El País.
Catalunya, Andalucía e Euskadi rexeitan a ampliación de horarios comerciais proposta polo Goberno central, que aposta por permitir a apertura en máis domingos e festivos. A Xunta amosou igualmente "reticencias" e asegurou que no caso de aprobarse, Galicia optará polo mínimo e pasará dos oito festivos actuais aos dez a partir do 1 de xaneiro de 2013
Al Jazeera afirma que despois de nove meses de investigacións, todos os indicios apuntan a que Yaser Arafat foi envelenado con polonio radiactivo, a mesma substancia que provocou a morte, por exemplo, do espía ruso fuxido Alexander Litvinenko.