A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibida cunha protesta das traballadoras e traballadores de Benestar en Oleiros
Fálase
A fuga masiva de depósitos ameaza con levar ao colapso os bancos de Grecia. Nun só día retiráronse 800 millóns de euros.
OQO celebra deste xeito o 17 de Maio que (tamén) é o Día Internacional contra a Homofobia
Xa está dispoñible con subtítulos en castelán o documental grego Catastroika, realizado polos autores do exitoso Debtocracy. Nesta ocasión analizan as consecuencias a medio e longo prazo en distintos lugares do mundo das privatizacións de activos e servizos públicos.
O Goberno apraza a marcha de ultradereita prevista para o día 25 para que non coincida coa final da Copa e para evitar posibles incidentes.
Montoro advirte que o Goberno ten un plan "ambicioso" en materia de privatizacións e di que é para favorecer o investimento e a creación de emprego, pero non para cadrar as contas.
O presidente da Xunta inaugurou esta mañá o lago artificial das Pontes, xurdido do asolagamento do antigo xacemento mineiro. Asegura Alberto Núñez Feijóo que será "unha oportunidade ambiental, paisaxística e turística para a comarca, para Galicia e para o noroeste de España". Mentres, colectivos ecoloxistas amósanse remisos ante o proxecto polo seu impacto ecolóxico.
A taxa real de desemprego en Portugal roza xa o 20% (19,3%), fronte ao 15% de hai un ano e ao 12% de hai dous, segundo cálculos de Público
Os servizos de comunicación do Ministerio da Presidencia trabúcanse e converten o falecido escritor mexicano Carlos Fuentes no "pai de Artur Mas". En El Mundo.
Venceremos nós. Baixo o histórico lema a CIG difunde un documental sobre as protestas do sector do metal, a "represión policial" ás mesmas e o proceso xudicial contra o sindicalista Antolín Alcántara.