ETA di que iniciou un debate interno sobre a súa disolución. Nun comunicado no Gara, di analizar o seu "ciclo e función" e a resposta a "que debe facer" a banda terrorista "para que o proceso independentista popular que s einiciou se desenvolva nas condicións máis axeitadas para facilitar a acumulción de forzas que logre levar a cabo o dereito a decidir".
Fálase
Big little lies e The handmaid’s tale, grandes triunfadoras dos Emmys, que tamén recoñeceron o capítulo de Black Mirror "San Junipero" co premio ao mellor guion
O nacionalismo despediu en San Cibrao de Las (San Amaro) a Bautista Álvarez. Francisco Rodríguez, Ana Pontón, Néstor Rego ou Pilar García Negro participaron no acto.
Este domingo faleceu o filósofo político Antoni Domènech, editor de Sin Permiso. Contaba 65 anos. Isto é o que nos contaba en 2013: "Non hai federalismo auténtico que non parta do dereito de autodeterminación dos pobos federables. O demais son ganas de marear a perdiz e de ignorar a crise de réxime"
Unidos Podemos e PSOE queren obrigar as empresas a que publiquen os salarios de mulleres e homes. Os dous partidos preparan por separado iniciativas para loitar contra a fenda salarial
O 60% dos cataláns quere participar no referendo do 1-O e o 59,9% votaría si, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para El Diario. O si acadaría o 35,6% do censo, ao redor de 2,1 millóns de persoas
O BNG denunciará o vindeiro mércores ante a ONU o "expolio" e a "apoloxía do fascismo" que fai a familia Franco con Meirás
Unha ducia de protectoras e grupos de defensa animal rexeitan o Proxecto de lei de protección e benestar de animais de compañía impulsado en solitario polo PP. “Se se aproba, seremos cómplices do exterminio de miles de animais e consentiremos a imposición de medidas de represión sobre as persoas concienciadas, serias e altruistas que levamos toda a vida loitando para acabar con isto", din. Ademais, Libera presenta 100 mil sinaturas online contra o proxecto de lei popular
A plataforma Galiza com Catalunya convoca unha manifestación en Compostela en favor do dereito a decidir para o sábado 30 de setembro. De igual xeito este martes ás 20 horas está convocada unha concentración polo mesmo motivo no Obelisco da Coruña
O lume calcina dous edificios abandonados no centro de Vigo. Nove persoas foron desaloxadas