A Unión de Asociacións Galegas de Arxentina aclara nunha nota feita pública que o PP non ten nada que ver coa homenaxe a Manuel Fraga que están a organizar, cunha misa na catedral de Bos Aires. É unha "homenaxe sen connotación política" por ser o ex presidente "de todos os galegos" un "defensor dos emigrantes".