O ministro de Educación, José Ignacio Wert, propón unha "carta de dereitos" básicos para "controlar" a descentralización das competencias educativas. En La Información.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, propón unha "carta de dereitos" básicos para "controlar" a descentralización das competencias educativas. En La Información.
Oitenta novos casos de sarampelo na provincia de Alacante. Os Colexios Médicos fan fincapé na necesidade de "combater os grupos antivacinas". No diario Información.
A CIG informa de que "traballadores e traballadoras de Seaga acaban de ocupar a base helitransportada de Silleda". Denuncian que os datos feitos públicos sobre o operativo de prevención e defensa contra incendios que xa está funcionando "son falsos".
O ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, cifra no 3,5% do PIB o axuste total que haberá que acometer en 2012. Son máis de 35.000 millóns de euros.
A morosidade tamén aumenta en Portugal. As empresas e familias teñen cada vez máis dificultades para pagar os xuros dos seus préstamos. "Os bancos têm em carteira 12,4 mil milhões de euros em créditos de cobrança duvidosa", recolle o Jornal de Negócios. A morosidade en España supera os 130.000 millóns.
As persoas máis ricas do mundo aparecían até o de agora na afamada revista Forbes. Pero esa exclusividade rematou. A canle Bloomberg terá dispoñible unha clasificación diaria cos vinte milmillonarios do mundo. Neste enlace podedes ver o vídeo
O BNG de Vigo reivindica a "unidade" do nacionalismo tras a posta en marcha da súa nova Executiva local de consenso
A CIG Ensino comeza hoxe os peches en varias instalacións do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar para reivindicar o seu carácter "público" e "en defensa dos postos de traballo" do seu persoa.
Pachi Vázquez tamén estrea imaxe de cara ao Congreso do PSdeG. Faino co lema 'Galicia, o noso partido'
O Consejo de Estado gastará 20.000 euros en sacar unhas fotos aos membros do seu consello permanente. Así consta na plataforma de contratación do Estado. Son 18.000 euros máis IVE. O link á resolución do contrato, negociado e sen publicidade