A CIG Ensino comeza hoxe os peches en varias instalacións do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar para reivindicar o seu carácter "público" e "en defensa dos postos de traballo" do seu persoa.
A CIG Ensino comeza hoxe os peches en varias instalacións do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar para reivindicar o seu carácter "público" e "en defensa dos postos de traballo" do seu persoa.
Pachi Vázquez tamén estrea imaxe de cara ao Congreso do PSdeG. Faino co lema 'Galicia, o noso partido'
O Consejo de Estado gastará 20.000 euros en sacar unhas fotos aos membros do seu consello permanente. Así consta na plataforma de contratación do Estado. Son 18.000 euros máis IVE. O link á resolución do contrato, negociado e sen publicidade
A candidatura de Elena Espinosa á secretaría xeral do PSdeG estrea perfil en Twitter, @ConEspinosa
O BNG presenta unha proposición de lei "alternativa" ao paquete de recortes aos funcionarios para aforrar 100 millóns de euros. Os detalles, esta tarde en Praza Pública.
A exministra de Economía, a galega Elena Salgado, xa ten traballo. Endesa vén de anunciar que a contrata para facerse cargo da filial que a enerxética (que presidiu o aspirante a ocupar o seu posto en 2008, Manuel Pizarro) ten en Chile. A información completa, en Expansión
Amazings.es presenta os candidatos do mes de febreiro aos Premios Tesla de divulgación científica: Os erros de Gaia: cando a biosfera meteu a pata, O gardián da lonxevidade celular e Soldados de seis patas: os insectos como armas de guerra, terror e tortura.
'Stop Deshaucios Compostela' volverá a concentrarse este mediodía contra o embargo da vivenda de Sandra, unha muller de 23 anos cun irmán e a súa nai ao seu cargo. Os seus ingresos non son suficientes "para pagar as cotas da hipoteca que lle concederon aos 18 anos cando non contaba" con ningunha remuneración fixa. O acto será ás 12:00 horas na sucursal de Novagalicia Banco na Praza de Galicia. A foto é de Jorge M. de la Calle
The Guardian recupera o conto dos tres porquiños para promocionar o xornalismo cidadán
A Xunta de Galicia (Subdelegación da Coruña) pon unha multa ao empresario Luis Federico Cebrián Mozo "en materia de espectáculos taurinos". O DOG non especifica o motivo do expediente sancionador, pero o Goberno galego declárase competente para tramitalo co artigo 24.2 da Lei 10/1991 "sobre potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos". A multa é de 300 euros. Cebrián Mozo é un gandeiro de Mayorga del Campo, Valladolid