Os traballadores de Forem CCOO, a fundación para a formación do sindicato, anuncian unha folga polo ERE que implica o despido de 24 dos 35 traballadores.
Fálase
Enriquez Badás, ex concelleiro en Bande (mentras vivía en Arxentina, onde era o principal captador de votos para o PP ourensán) e moi próximo a Baltar, será o número 2 de SCD, o partido de Mario Conde, na provincia de Ourense.
El Diario conta que foi dos mineiros. Afirma que a protesta segue en Internet e prepara un outono de mobilizacións se o Goberno non dá resposta ás súas demandas.
El Diario publica un especial sobre o falecemento de Santiago Carrillo, con reportaxes sobre a súa actividade na clandestinidade, e artigos de Zapatero, Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo.
Remata sen acordo a xuntanza entre PPdeG, PSdeG e BNG para negociar os debates electorais. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, asegura que a negociación "avanzou" e continuará mañá.
Ryanair acusa o Ministerio de Fomento de falsear documentos e pide a destitución da directora da Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA). A compañia acusa a funcionarios do ministerio de levar semana publicando nos medios informacións falsas.
Attac publica unha análise de Eduardo Garzón na que explica que entre 1997 e 2004 España presentou déficit simplemente por ter que pagar intereses de débeda. Se durante eses anos a débeda fora monetizada íntegramente en vez de vendida a inversionistas privados, a economía española teríá presentado superávit
O xuiz da Audiencia Nacional Pablo Ruz envia a prisión a Carlos Calvo, un dos mozos supostamente vinculado con Resistencia Galega e que foi detido esta fin de semana en Vigo.
O BNG expresa a través de Francisco Jorquera o seu "pesar" pola morte de Santiago Carrillo
Falece o histórico líder comunista Santiago Carrillo, segundo confirma Izquierda Unida