Ryanair acusa o Ministerio de Fomento de falsear documentos e pide a destitución da directora da Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA). A compañia acusa a funcionarios do ministerio de levar semana publicando nos medios informacións falsas.
Fálase
Attac publica unha análise de Eduardo Garzón na que explica que entre 1997 e 2004 España presentou déficit simplemente por ter que pagar intereses de débeda. Se durante eses anos a débeda fora monetizada íntegramente en vez de vendida a inversionistas privados, a economía española teríá presentado superávit
O xuiz da Audiencia Nacional Pablo Ruz envia a prisión a Carlos Calvo, un dos mozos supostamente vinculado con Resistencia Galega e que foi detido esta fin de semana en Vigo.
O BNG expresa a través de Francisco Jorquera o seu "pesar" pola morte de Santiago Carrillo
Falece o histórico líder comunista Santiago Carrillo, segundo confirma Izquierda Unida
El Diario publica unha reportaxe sobre a Alemaña que non se ve e analiza criticamente o modelo alemán, baseado en contratos precarios e salarios baixos: El o número de traballadores con contrato temporal triplicouse desde 2003.
O Congreso aproba indemnizacións millonarias para dous ex altos cargos do PP. O expresidente do Tribunal de Contas, Manuel Núñez Pérez e a exdefensora do pobo, María Luisa Cava del Llano y Carrió, cobrarán 180.000 euros cada un.
Juncker advirte a España de que haberá fortes demandas se solicita o rescate. O presidente do Eurogrupo insistiu tamén en que o Estado debe continuar coas reformas e os axustes.
O BNG ve a carta do rei como un xesto "impropio da neutralidade que lle é esixíbel ao xefe do Estado". O candidato do Bloque á Xunta, Francisco Jorquera, coida que "debería absterse de intervir no debate político".
Microsoft alerta dun grave fallo de seguridade nas versións 6, 7, 8 e 9 de Internet Explorer. O fallo permite que os ordenadores afectados sexan controlados remotamente.