Microsoft alerta dun grave fallo de seguridade nas versións 6, 7, 8 e 9 de Internet Explorer. O fallo permite que os ordenadores afectados sexan controlados remotamente.
Fálase
Engurras, o filme de animación producido pola empresa galega Perro Verde Films, nomeado aos premios do cinema europeo
O PSdeG presenta a web electoral do seu candidato á Xunta, Pachi Vázquez, "para que os galegos e galegas sexan mensaxeiros do cambio", din os socialistas
O rei Juan Carlos publica unha carta na web da Casa Real na que chama a "recuperar os valores da Transición" e engade que no actual contexto de crise económica "o peor que podemos facer é dividir forzas, alentar disensións, perseguir quimeras, afondar feridas", no que podería ser unha referencia á reivindicación independentista de Catalunya.
O Rei de España pide "unidade" para loitar contra a crise "sen alentar distensións nin perseguir quimeras". Asegura nunha carta publicada na web da Casa Real que "o peor" que se pode facer agora é "dividir forzas".
Rosa Díez propón "suspender a autonomía de Catalunya" se Artur Mas "perverte a orde constitucional". A líder de UPyD recorda a Rajoy que debe utilizar o artigo 155 da Constitución "para garantir a cohesión e igualdade dos españois".
Un mapa do transporte marítimo transformado con algoritmos matemáticos polo investigador da UDC Carlos Pais amosa as novas relacións económicas no mundo, con portos emerxentes en América Latina, África e Oriente Medio, coma Dar Es Salaam (Tanzania), Mersin (Turquía), Pointe-Noire (Congo), Yedá (Arabia Saudí), Jebel Ali (Emiratos Árabes Unidos), Puerto Saíd (Exipto) Ensenada (México), Puerto Cortés (Honduras) ou Cristóbal (Panamá)
Os creadores de Zapping e Turkia, programas de radio e televisión de referencia nos últimos anos na Coruña, terán un espazo na nova tempada de Cuac FM. Chamarase Tenka e comezará e emitirse en breve.
O Goberno asegura que decidirá sobre o rescate "cando teña as cousas ben atadas". A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, di tamén que as pensións "sería o último" que tocarían, durante unha entrevista en Tele 5.
Acaba de nacer El Diario. Abre informando de que o Congreso incumpre a lei dende 1982 para ocultar as súas contas