Os clubs de fútbol poderán ser expulsados da competición se non pagan as súas débedas con Facenda. A partir da tempada 2014-15, o 35% dos dereitos audiovisuais dos eqiupos serán retidos se non acreditan que están ao corrente nas súas obrigas fiscais. "Non falamos de perdoar, non se perdoará nin un só céntimo", aclara o ministro de Cultura, Ignacio Wert.
Fálase
Persoal de RTVE concéntrase nas instalacións centrais do ente, en Madrid, para rexeitar a modificación que permite o Goberno nomear unilateralmente a dirección dos medios públicos. En Twitter a reivindicación séguese co hastag #RTVEdetodos (foto: @ccoortve)
O 90% dos españois di sentirse "angustiado" pola situación económica que atravesa o Estado, segundo unha enquisa de Metroscopia.
O BNG rexeita os Orzamentos do Estado por supoñer "unha ofensiva centralista e antisocial". O portavoz nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera, pide ao Goberno que cambie de rumbo e aforre en gasto militar, deputacións ou a Casa Real. "Os recortes nos servizos públicos son brutais", lembra.
Os recortes sanitarios protagonizan a sesión de control ao presidente da Xunta, que di que "non é certo que os pensionistas vaian pagar os medicamentos" e despois engade que "o 87% dos pensionistas galegas pagarán como máximo 8 euros". Esta mañá, en Praza.
ERC rexeita os Orzamentos do "roubo" que "humillan e discriminan" os cataláns. O seu portavoz, Alfred Bosch, cre que as contas "que atracan os necesitados para beneficiar os privilexiados"
O BCE rexeita reactivar a compra de débeda públia española. O presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, louva no entanto o "esforzo extraordinario" e os "progresos notables" do Goberno español en canto a recortes e reformas estruturais.
Continúa Amores Prohibidos 2.0. No segundo día da obra, Romero e Xiana pasaron a tarde xuntos, e Rossi comezou a sospeitar. Soubémolo a través do Tuenti e das mensaxes que se intercambiaron despois.
Proxecto Derriba publica un texto titulado Dislocando conceptos vellos: Bensaïd e o 15M, no que reflexiona sobre se "a aparición de movementos contestatarios críticos coa situación xerada a raíz da crise económica fai que sexa relevante formularse a posibilidade de que conceptos que caeran en desuso –revolución, clase, partido– poidan volver ser repensados á luz da nova situación".
"Bona nit, no vull pagar!". Máis de douscentos condutores e condutoras negáronse a pagar a peaxe da AP-7 catalá nos últimos días, seguindo unha campaña que protesta contra a extensión da concesión das autoestradas de peaxe en Catalunya e Valencia para compensar o falido intento de estendenla en Madrid.