Proxecto Derriba publica un texto titulado Dislocando conceptos vellos: Bensaïd e o 15M, no que reflexiona sobre se "a aparición de movementos contestatarios críticos coa situación xerada a raíz da crise económica fai que sexa relevante formularse a posibilidade de que conceptos que caeran en desuso –revolución, clase, partido– poidan volver ser repensados á luz da nova situación".
Fálase
"Bona nit, no vull pagar!". Máis de douscentos condutores e condutoras negáronse a pagar a peaxe da AP-7 catalá nos últimos días, seguindo unha campaña que protesta contra a extensión da concesión das autoestradas de peaxe en Catalunya e Valencia para compensar o falido intento de estendenla en Madrid.
Continúan as reaccións en Portugal á morte de Miguel Portas, un dos fundadores do Bloco de Esquerdas, que faleceu onte dun cancro.
O coronel Vasco Lourenço considera que as declarações realizadas por Passos Coelho, nas que acusaba a Mário Soares e Manuel Alegre de procurar "protagonismo" no 25 de abril "são impróprias de um primeiro-ministro". Soares e Alegre, así coma os capitães de Abril non participarán por vez primeira nos actos oficiais do 25 de abril, e en cambio realizarán unha celebración popular nas rúas.
Libération dedica a súa portada ás insólitas declaracións de Sarkozy, que continúa realizando chiscadelas á extrema dereita: "Le Pen é compatible coa República"
A Porta do Sol volverá ocuparse. O movemento de indignados e indignadas volverá acampar na praza o 12 de maio, despois da manifestación convocada. A acampada durará 15 días, até o 28 de maio.
As bases de Izquierda Unida en Andalucía aproban maioritariamente (70%) a coalición de goberno co PSOE. Na votación participaron o 80% dos seis mil militantes que estaban convocados
Máis de 3.000 traballadores de Navantia Ferrol e Fene realizaron unha improvisada marcha a pé entre as dúas localidades para denunciar "o inmovilismo" do Goberno central e da Xunta para buscar solucións á falta de carga de traballo e novos contratos
Membros da Liga Estudantil Galega péchanse na biblioteca da Facultade de Económicas de Santiago en protesta pola suba das taxas universitarias.
Os maiores de 26 anos que non cotizaran terán que asumir os custos sanitarios, segundo revelan varios medios.