A conselleira de Medio Ambiente láiase de que "A Coruña só sae na televisión no apartado de sucesos". Beatriz Mato afirmouno na Radio Galega, onde foi entrevistada na súa condición de presidenta local do PP coruñés e futura candidata ás eleccións municipais.
