Quim Torra non logra a investidura como presidente da Generalitat de Catalunya na primeira votación. Torra obtivo 66 votos de JxCat e ERC, mentres que a CUP se abstivo e o resto de grupos votaron en contra. A seguinte votación celebrarase o luns.
Fálase
A galega Susana Rodríguez logra a medalla de ouro na Serie Mundial de Paratríatlon de Yokohama xunto á súa guía Paula García Godino. Vídeo difundido pola Federación Galega de Triatlón.
ENQUISA O PP perdería a maioría absoluta en Galicia pero podería reter o poder mediante un pacto con Ciudadanos, segundo un inquérito divulgado este sábado pola consultora SyM Consulting a través das súas redes sociais.
A Coruña acolle este mediodía unha concentración "pola devolución gratuíta" dos terreos portuarios á cidade baixo o lema A Coruña non se vende. A mobilización, promovida pola Comisión Aberta en Defensa do Común, cadra con oito convocatorias máis noutros puntos do Estado.
O persoal de RTVE en Galicia vólvese sumar a un novo Venres negro para protestar contra a manipulación nos medios públicos e esixir que o PP deixe de bloquear no Congreso a renovación da dirección da corporación estatal. Desta volta portaron tamén mandos a distancia para evidenciar que a solución non é "cambiar de canle", como suxeriu o ministro Montoro. En 2012 o Goberno de Rajoy mudou a lei para controlar o ente a través da súa maioría absoluta.
A futbolista galega Verónica Boquete reitera os seus azos a Lola, a xogadora de 5 anos da SD Esclavitud á que outro neno criticou por xogar ao fútbol: "Díxoche que o fútbol non é para nenas, pero grazas a ti xa sabe que non é certo", sinala a xogadora internacional dende a China, onde agora xoga no Beijing BG.
Puigdemont designa a Quim Torra como novo candidato á presidencia da Generalitat. Torra é deputado de JxCat e ex-presidente de Òmnium. Non está imputado e, se non hai sorpresas, será elixido en segunda votación.
Un incendio queima máis de 20 hectáreas en Cenlle (Ourense). O lume, que se declarou ás 13.30 horas, está estabilizado pero aínda non controlado
O Teatro Principal de Pontevedra acolle este sábado 12 un acto de recoñecemento á Asociación pola Defensa da Ría no seu 30 aniversario. Intervirán algúns dos seus fundadores e fundadoras e haberá actuacións musicais e recitais poéticos.
A Deputación da Coruña impulsa este venres un programa de radio aberto ao público, feito por nenos e nenas de 7 a 12 anos, centrado na figura de María Victoria Moreno. A área de Cultura da Deputación está a difundir ademais un vídeo interactivo con dez preguntas ao redor da escritora.