Un incendio queima máis de 20 hectáreas en Cenlle (Ourense). O lume, que se declarou ás 13.30 horas, está estabilizado pero aínda non controlado
Fálase
O Teatro Principal de Pontevedra acolle este sábado 12 un acto de recoñecemento á Asociación pola Defensa da Ría no seu 30 aniversario. Intervirán algúns dos seus fundadores e fundadoras e haberá actuacións musicais e recitais poéticos.
A Deputación da Coruña impulsa este venres un programa de radio aberto ao público, feito por nenos e nenas de 7 a 12 anos, centrado na figura de María Victoria Moreno. A área de Cultura da Deputación está a difundir ademais un vídeo interactivo con dez preguntas ao redor da escritora.
Vigo, A Coruña, Ourense ou Ferrol acolleron concentracións estudantís en protesta contra a sentenza do xuízo de La Manada, convocada polo Sindicato de Estudiantes. Vídeo: Galiza Contrainfo
O Concello de Ferrol aproba os seus orzamentos para 2018 cos votos a favor de Ferrol en Común, PSdeG e BNG e en contra de PP e Cs
A Asociación Cultural Os Penoucos lanza o Mapa do Patrimonio de Padrón, incluído dentro do proxecto colaborativo Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla. Só en Padron inclúense 642 elementos, dende castros, igrexas, cruceiros ata hórreos, pontes ou paisaxes e o mapa conxunto suma máis de dous mil bens patrimoniais. O proxecto comezou hai uns meses co Mapa do Patrimonio de Valga.
Fariña emitiu onte o seu derradeiro capítulo, superando os dous millóns de espectadores/as en todo o Estado (13,3% de share) e cunha referencia na súa despedida ao secuestro do libro de Nacho Carretero. En Galicia a serie moveuse entre o 40% e o 46% da audiencia ao longo dos últimos meses.
A oposición prepara unha ofensiva conxunta para arrebatarlle ao PP o control de RTVE, ante as manobras coas que os populares están a bloquear a renovación do ente.
"O Goberno español non estivo preparado para a paz", sinala Arnaldo Otegi en entrevista en eldiario.es, na que afirma estar "sorprendido" polo "nivel de crispación co que algúns saudaron a disolución de ETA"
O Constitucional suspende a reforma para permitir a investidura de Puigdemont. Os maxistrados deciden por unanimidade impedir a súa elección como presidente da Generalitat.