Novagalicia admite por primeira vez que o máis probable é a súa venda a outro grupo financeiro. O banco recoñece no seu informe anual que acabará integrado "como filial"
Fálase
Presentouse o Anuari Mèdia.cat, que recolle os 15 principais "silenzos mediáticos" do pasado ano, 15 novas que os medios cataláns ocultaron e que agora se publican noutras tantas reportaxes. É o segundo ano que se realiza.
Telemadrid equipara nunha reportaxe o nazismo cos nacionalismos catalán e vasco. Recólleo El País.
O BCE baixa os tipos de interese ao 0,5%, o mínimo histórico. A prima de risco española acada o mínimo anual de 288 puntos
Veñen de presentarse as camisolas oficiais e o demais merchandising do Festival de Cans, realizado por Rei Zentolo.
A Policía expulsa pola forza os afectados polas preferentes do Concello de Nigrán. Cóntao El País.
#consellodaxunta Feijóo di que Beiras, "que leva trinta anos cobrando do Parlamento", "podía ter unha idea mellor ca un puñetazo para solucionar a crise económica".
#consellodaxunta A Xunta elimina a obrigatoriedade de achegar tres testemuñas para inscribirse no rexistro de instrucións previas do Sergas, onde os doentes indican que decisións tomar ante determinados tratamentos ou situacións clínicas.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o seu obxectivo é "que a sanidade pública se manteña intacta a pesar da redución dos ingresos".
#consellodaxunta O Consello aborda a Lei de Garantías de espera sanitaria, que fixará tempos máximos de agarda e libre elección de hospital. Segundo Feijóo, é unha norma que xustifica as razóns polas que persoas coma el se seguen "dedicando á política":