300 expertos de 56 paises debaten a partir de hoxe en Vigo o futuro das políticas contra o cambio climático
Fálase
Na Terceira galega o Racing de Ferrol gañou e segue como lider destacado (27 puntos), seguido de Celta B (23) e Somozas, As Pontes e Alondras (19)
Celta B 1-0 Barbadás
Somozas 0-3 Deportivo B
Racing Vilalbés 1-3 Dorneda
Céltiga 0-2 As Pontes
Negreira 0-3 Compostela
Pontevedra 1-1 Bergantiños
Narón 1-1 Ordes
Cerceda 0-1 Racing de Ferrol
Alondras 2-0 Vilalonga
Rápido de Bouzas 1-1 BetanzosEn hockey o Coinasa Liceo golea o Shum 9-3 e segue como lider.
O Lugo derrota 1-0 o Elxe, lider da Segunda División. Na 2ªB vitoria do Ourense 2-1 ante o Alcalá e derrota do Coruxo 1-0 ante o Guijuelo.
Na xornada do baloncesto galego, ademais da derrota do Obradoiro ante o Zaragoza, na Adecco Ouro o Leyma Coruña mantense de lider ao derrotar ao Regal Barcelona 93 - 56. Pola contra, o Breogán perdeu 76-65 ante o Lleida e o COB Ourense caeu ante o Andorra 63 - 84 e segue sen coñecer a vitoria.
O Deportivo acada unha moi necesaria vitoria en Riazor ante o Mallorca (1-0) cun gol de Bruno Gama no primeiro tempo. Chega aos 10 puntos, os mesmos que ten o Celta.
Francisco Jorquera di nunha entrevista concedida a RNE que o problema do BNG "non é de nomes" e reafirmase en que a formación se atopa nun "proceso de reflexión, de debate aberto, pausado e sen barreiras". De igual xeito considera que as súas declaracións sobre Beiras na noite do 21-O foron "desafortunadas"
Pachi Vázquez confirma nunha entrevista na Cadena Ser que non ten intención de dimitir e rexeita a creación dunha xestora. Di que pilotará a transición no partido até a celebración dun congreso no 2013. Afirma igualmente que "o responsable da derrota en Galicia son eu, pero o problema do PSOE é máis amplo: perdimos a credibilidade".
Feijoo entra na campaña das eleccións catalás e dille a Artur Mas que "é moito máis doado axitar as bandeiras que pagar as facturas"
O Blusens Obradoiro cae ante o CAI Zaragoza 76-58 pero mantense na zona alta da clasificación con catro vitorias e dúas derrotas. Kendall foi o mellor dos galegos con 19 puntos.