Pachi Vázquez confirma nunha entrevista na Cadena Ser que non ten intención de dimitir e rexeita a creación dunha xestora. Di que pilotará a transición no partido até a celebración dun congreso no 2013. Afirma igualmente que "o responsable da derrota en Galicia son eu, pero o problema do PSOE é máis amplo: perdimos a credibilidade".