No capítulo de infraestruturas, promete rematar nesta lexislatura a Autovía do Morrazo, a conexión da Vía Ártabra coa AP9 e a autovía Santiago-A Estrada. Ademais, anuncia a reforma da Lei de Ordenación do Territorio.
Fálase
Feijoo anuncia "impostos cero" para os mozos e mozas, familias numerosas e persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun concello de menos de 20.000 habitantes
O candidato popular debuxa un escenario moi optimista sobre a situación do sector primario, tanto no sector forestal, no vitivinícola, no marisqueiro e mesmo no leiteiro, salientando a fusión das cooperativas ou o proxecto de planta transformadora de Curtis.
Núñez Feijoo anuncia a súa intención de estender os centros plurilingües á educación infantil de 3 a 6 anos e un maior fomento do ensino do inglés e do portugués
Feijoo promete baixadas de impostos nesta lexislatura. Ademais, sitúa como obxectivos un emprego de máis calidade -a través dunha nova Lei de Emprego-, o impulso do sector primario e a protección dos servizos públicos "para facer de Galicia un lugar atractivo para nacer e para vivir". Promete crear entre 80.000 e 100000 novos empregos, reducindo a taxa de paro ata situala "por debaixo dos dous díxitos".
Feijoo pídelles ás forzas da oposición "traballar xuntos" e chegar a "pactos", destacando que "a maioría absoluta dálle a Galicia unha forza indiscutible en todos os debates que están a piques de abrirse en España", comezando polo financiamento autonómico
“Por Galicia, para Galicia e en Galicia, por iso estou así”, así comeza Alberto Núñez Feijoo o seu discurso, que destaca: "preséntome a esta investidura como un militante de Galicia". Subliña que “este momento esixe acordos” e que “a xente non quere leas, quere estabilidade”
Ás 9.30 comezará o discurso de investidura de Alberto Núñez Feijoo, que durará ao redor de 90 minutos. Despois, a sesión suspenderase 48 horas, retomándose o xoves. Podes seguilo en directo neste enlace
O fiscal pide agora ao xuíz que cite a testemuña protexida do caso Jimmy, que sinalara catro ultras do Frente Atlético como autores do asasinato. Opuxérase antes ao entender que existía "perigo para a súa vida".
Sanidade reclama que se prohíba aos médicos recibir agasallos das farmacéuticas. Os expertos advirten que os congresos patrocinados pola industria son "propaganda" e non formación e alerta de "pagamentos excesivamente altos" a profesionais por ensaios clínicos.