Ás 9.30 comezará o discurso de investidura de Alberto Núñez Feijoo, que durará ao redor de 90 minutos. Despois, a sesión suspenderase 48 horas, retomándose o xoves. Podes seguilo en directo neste enlace
Fálase
O fiscal pide agora ao xuíz que cite a testemuña protexida do caso Jimmy, que sinalara catro ultras do Frente Atlético como autores do asasinato. Opuxérase antes ao entender que existía "perigo para a súa vida".
Sanidade reclama que se prohíba aos médicos recibir agasallos das farmacéuticas. Os expertos advirten que os congresos patrocinados pola industria son "propaganda" e non formación e alerta de "pagamentos excesivamente altos" a profesionais por ensaios clínicos.
Obama acumula esforzos para evitar a vitoria de Donald Trump. A escasa popularidade de Hillary Clinton obriga o aínda presidente a multiplicarse en actos nos últimos días de campaña.
Los Suaves cancelan o seu concerto de despedida en Ourense polos problemas de saúde do seu cantante Yosi. O evento estaba previsto para o vindeiro 17 de decembro.
O pleno da Coruña aproba un acordo de mínimos para o impulso da área metropolitana. O texto saíu adiante cos votos a prol da Marea Atlántica e do BNG e mais do voceiro do PSdeG. Os restantes edís socialistas e os do PP abstivéronse. O proceso metropolitano comezou o pasado outubro ao abeiro da 'Declaración de María Pita', impulsada por sete alcaldías.
O PP sería o máis votado nunhas novas xerais co 34,5% seguido por Unidos Podemos e as confluencias. O PSOE caería ata o 17%, segundo o barómetro que vén de publicar o CIS.
Volve a neve a Galicia. As precipitacións en forma de neve regresan ás zonas montañosas do centro e do leste do país. Meteogalicia prognostica nevaradas entre os 800 e os 1.000 metros.
O FBI levanta as últimas sospeitas sobre os e-mails de Hillary Clinton. O seu director cofirma que os 650.000 correos atopados nun ordenador non son relevantes nin o obrigan a cambiar a súa decisión de non pedir o procesamento da candidata.
O PSOE perdeu máis de 40.000 militantes desde 2012. O partido perdeu case 20.000 con Rubalcaba á fronte e máis de 21.000 con Pedro Sánchez como secretario xeral.