Los Suaves cancelan o seu concerto de despedida en Ourense polos problemas de saúde do seu cantante Yosi. O evento estaba previsto para o vindeiro 17 de decembro.
Fálase
O pleno da Coruña aproba un acordo de mínimos para o impulso da área metropolitana. O texto saíu adiante cos votos a prol da Marea Atlántica e do BNG e mais do voceiro do PSdeG. Os restantes edís socialistas e os do PP abstivéronse. O proceso metropolitano comezou o pasado outubro ao abeiro da 'Declaración de María Pita', impulsada por sete alcaldías.
O PP sería o máis votado nunhas novas xerais co 34,5% seguido por Unidos Podemos e as confluencias. O PSOE caería ata o 17%, segundo o barómetro que vén de publicar o CIS.
Volve a neve a Galicia. As precipitacións en forma de neve regresan ás zonas montañosas do centro e do leste do país. Meteogalicia prognostica nevaradas entre os 800 e os 1.000 metros.
O FBI levanta as últimas sospeitas sobre os e-mails de Hillary Clinton. O seu director cofirma que os 650.000 correos atopados nun ordenador non son relevantes nin o obrigan a cambiar a súa decisión de non pedir o procesamento da candidata.
O PSOE perdeu máis de 40.000 militantes desde 2012. O partido perdeu case 20.000 con Rubalcaba á fronte e máis de 21.000 con Pedro Sánchez como secretario xeral.
Os soldos estáncanse en Galicia e a renda dispoñible só crece grazas ao aforro. O país ocupa o quinto posto por baixo nos ingresos por traballo.
O Goberno central medita que as autonomías se fagan cargo das pensións de viuvez pola crise do sistema. Suporía desligar estras prestacións da Seguridade Social, o que permitiría a Emprego acabar co déficit.
O Celta remonta ante o Valencia (2-1) con goles de Guidetti e Roncaglia e sitúase na parte alta da clasificacion de Primeira.
Yolanda Díaz cre que "algo fallou" na campaña de En Marea para o 25-S e recoñece "magnífica" a que fixo o BNG. Nunha entrevista na Radio Galega, asegura que "reabrir o debate sobre a integración de Podemos na Marea sería un erro brutal".