As principais formacións políticas confirman os lugares nos que abrirán a campaña electoral: O PP, o BNG, AGE e Compromiso elixen Santiago; o PSdeG realizará a tradicional pegada de carteis en Vigo
Fálase
Representantes sindicais temen ser desaloxados do Concello de Santiago esta noite. Membros da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos aseguran que non puideron recibir comida no interior das dependencias e sospeitan que se lles impedirá seguir co peche programado até a mañá do venres.
Portugal subirá o IRS -equivalente ao IRPF español- nun 30% o vindeiro ano. Esta medida compensará a decisión de devolverlle aos funcionarios públicos e aos pensionistas unha das dúas pagas que lles foron retiradas este ano.
Rajoy estará un mes sen pasar polo Congreso. A pasada semana non houbo sesión de control pola súa viaxe a Nueva York. E o cumio hispano-francés, as eleccións do 21-0 e o debate dos Orzamentos farán que Rajoy non volva ao Parlamento até o 31 de outubro.
O banco malo crearase o 1 de decembro, co aval do Estado, un 55% en mans privadas e non aceptará pisos de menos de 100.000 euros.
A Fiscalía presentará antes do 18 de outubro o recurso contra o auto sobre as preferentes. Os afectados deberían iniciar accións xudiciais individuais de non prosperar este recurso.
A Consellaría de Cultura negouse a financiar o stand do que todos os anos dispuñan as editoriais galegas no Liber, a feira profesional do libro se celebra en Barcelona e que comeza hoxe. Por ese motivo a presenza galega fica reducida aos postos individuais de Nova Galicia Edicións, Ideas Propias Editorial e Kalandraka.
A Xunta promove o galego para os negocios cos paises lusófonos a través dunha campaña da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). O galego, chave para os teus negocios salienta a importancia económica crecente de Brasil e Angola, apunta a vantaxe competitiva que teñen empresas galegas para implantarse nestes mercados e lembra que o 20% das exportacións foron para países lusófonos.
Artur Mas advirte que "españolizar os colexios de Catalunya" é "inviable porque está fóra da norma". O presidente da Generalitat responde así á intención do Goberno central de subvencionar centros para que ensinen castelán nas comunidades bilingües.
O Barcelona vestirá o Camp Nou cunha 'senyera' xigante no partido ante o Real Madrid do vindeiro domingo. Veno de anunciar o club catalán na súa páxina web e chega logo da polémica xurdida tras a gran manifestación independentista do pasado 11 de setembro.