O TSXG e a Fiscalía Superior de Galicia avogan por pechar xa a instrución da operación Pokemon e critican a extensión no tempo da investigación. "A mellor maneira de non levar nada é querer levalo todo", afirmou o fiscal superior Fernando Suanzes en referencia á xuíza Pilar de Lara.
Fálase
As tres universidades galegas dan o seu visto bo ao novo plan de financiamento para o quinquenio 2016-2020, cun 33% de fondos entregados en base a criterios variables, que crecerán ata o 40% en 2020. Os tres reitores apoian o documento con algunhas críticas aos criterios empregados.
Rajoy carga aos orzamentos da Moncloa os gastos derivados do coidado e acompañamento do seu pai, de 95 anos, que reside no palacio. O presidente do Goberno e a súa familia si teñen dereito aos servizos estritamente sanitarios, pero non o acompañamento ou a prestación asistencial.
Hillary Clinton destaca no primeiro debate entre os candidatos demócratas á Presidencia dos Estados Unidos e confírmase como gran favorita a gañar as primarias ante o resto de aspirantes, entre os que só sobresaíu Bernie Sanders
O rexeitamento das imputacións do 9-N recupera o consenso acadado ao redor da defensa do dereito a decidir. Na protesta celebrada onte na praza de Sant Jaume participaron tamén dirixentes de Catalunya Sí que es Pot, Unió, os sindicatos e Barcelona en Comú. Ada Colau leu o manifesto.
Juan Carlos González Santín anuncia a súa dimisión como secretario provincial do PSdeG en Lugo e edil no Concello lucense. Santín, que perdeu ante Manuel Martínez a votación para a candidatura á presidencia da Deputación, continuará como deputado no Parlamento.
A xornalista da CRTVG Belén Regueira gaña o desafío de móbil xornalismo de Circom cunha reportaxe sobre a vida do pobo xitano na capital húngara. Pódelo ver nesta ligazón
Hoxe celébrase (coma todos os segundos martes de outubro) o Día de Ada Lovelace, en recordo da primeira programadora da historia e dedicado a celebrar as achegas de mulleres no campo da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.
El Diario analiza o esforzo da Wikipedia en acadar máis colaboracións de expertos, sobre todo en materia cietífica, para conseguir artigos de calidade, que avalíen e validen os artigos da enciclopedia libre.
PSOE, Podemos e Ciudadanos piden debates "a catro" para as xerais e o PP négase. Cóntao eldiario.es