El Diario analiza o esforzo da Wikipedia en acadar máis colaboracións de expertos, sobre todo en materia cietífica, para conseguir artigos de calidade, que avalíen e validen os artigos da enciclopedia libre.
Fálase
PSOE, Podemos e Ciudadanos piden debates "a catro" para as xerais e o PP négase. Cóntao eldiario.es
O xornalista Nacho Carretero, autor de Fariña, e o músico Xoel López participan arestora no programa Carne Cruda. Pódese seguir a través desta ligazón.
Unha mobilización apoia na Coruña a Nicanor Acosta, o ancián xulgado por tentar impedir o desafiuzamento de Aurelia Rey. Máis información, hoxe en Praza.
Bruxelas reitera que España incumprirá os límites de déficit e Rajoy atribúeo a que a UE "pensa noutras épocas", e non a que os seus orzamentos conteñan previsións irreais.
O PSOE reitera que Manuel Martínez formará parte do equipo de goberno na Deputación de Lugo, como xa asegurara o novo presidente da institución, Darío Campos, o pasado sábado.
Achégase un acordo entre PS, BE e CDU para gobernar Portugal. "O Governo de Passos Coelho e Paulo Portas acabou", afirmou Catarina Martins (Bloco). En calquera caso, a coalición Portugal à Frente aínda confía nun acordo cos socialistas, aos que lles enviou un documento con 20 propostas e con quen se reúnen este martes.
A plataforma Víctimas Alvia 04155 considera que o sobrepeso do Alvia (32 toneladas por riba do permitido, segundo denuncian no documental Frankenstein-04155) provocou que o envorco do tren fose "tan violento" e que "houbese tantos mortos".
A Comisión Europea cre que España non cumprirá co obxectivo de deficit fixado para este ano e estima optimistas as previsións de crecemento calculadas polo Goberno. Bruxelas esixe cambios nos orzamentos para 2016.
O vídeo #WhySyria explica en dez minutos a orixe do conflito que vive o país, que xa provocou a fuxida de catro millóns de refuxiados e refuxiadas.