Hillary Clinton destaca no primeiro debate entre os candidatos demócratas á Presidencia dos Estados Unidos e confírmase como gran favorita a gañar as primarias ante o resto de aspirantes, entre os que só sobresaíu Bernie Sanders
Fálase
O rexeitamento das imputacións do 9-N recupera o consenso acadado ao redor da defensa do dereito a decidir. Na protesta celebrada onte na praza de Sant Jaume participaron tamén dirixentes de Catalunya Sí que es Pot, Unió, os sindicatos e Barcelona en Comú. Ada Colau leu o manifesto.
Juan Carlos González Santín anuncia a súa dimisión como secretario provincial do PSdeG en Lugo e edil no Concello lucense. Santín, que perdeu ante Manuel Martínez a votación para a candidatura á presidencia da Deputación, continuará como deputado no Parlamento.
A xornalista da CRTVG Belén Regueira gaña o desafío de móbil xornalismo de Circom cunha reportaxe sobre a vida do pobo xitano na capital húngara. Pódelo ver nesta ligazón
Hoxe celébrase (coma todos os segundos martes de outubro) o Día de Ada Lovelace, en recordo da primeira programadora da historia e dedicado a celebrar as achegas de mulleres no campo da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.
El Diario analiza o esforzo da Wikipedia en acadar máis colaboracións de expertos, sobre todo en materia cietífica, para conseguir artigos de calidade, que avalíen e validen os artigos da enciclopedia libre.
PSOE, Podemos e Ciudadanos piden debates "a catro" para as xerais e o PP négase. Cóntao eldiario.es
O xornalista Nacho Carretero, autor de Fariña, e o músico Xoel López participan arestora no programa Carne Cruda. Pódese seguir a través desta ligazón.
Unha mobilización apoia na Coruña a Nicanor Acosta, o ancián xulgado por tentar impedir o desafiuzamento de Aurelia Rey. Máis información, hoxe en Praza.
Bruxelas reitera que España incumprirá os límites de déficit e Rajoy atribúeo a que a UE "pensa noutras épocas", e non a que os seus orzamentos conteñan previsións irreais.