VÍDEO Que vén sendo a homeopatía? O blog as MIR e unha noites debulla neste vídeo por que os produtos homeopáticos son equiparables a un placebo. Fanno, ademais, visitando unha farmacia e experimentando coa elaboración deses supostos fármacos.
Fálase
Arrancan as mobilizacións contra a Lomce en varias vilas e cidades galegas. O estudantado universitario e de Secundaria está chamado á folga contra a Lei Wert e o Decreto 3+2. Máis información, hoxe en Praza. Foto vía @erguergaliza.
O Parlamento galego pide por unanimidade a fin do bloqueo de Estados Unidos a Cuba. Fíxoo a través desta declaración institucional, aprobada en vésperas da viaxe que o presidente da Xunta fará á illa, onde se celebrará o Consello de Comunidades Galegas.
Feijóo: "Eu non represento á patronal, son o presidente dos traballadores e traballadoras de Galicia". O presidente da Xunta defende a política laboral do Goberno durante a sesión de control a preguntas do Grupo Mixto e BNG, que o cuestionaban pola fenda salarial co Estado e polo futuro laboral da mocidade.
Operación contra o enaltecemento do terrorismo nas redes sociais en Galicia e outras comunidades. A Garda Civil detivo xa catro persoas en varios puntos do Estado.
Un mariñeiro coruñés, denunciado por levar unha bandeira galega no seu barco. Capitanía expediéntao por izar unha bandeira tan grande como a española e a multa podería chegar aos 120.000 euros. "É surrealista", di o afectado.
Deteñen o alcalde de Granada (José Torres Hurtado, PP) e a súa concelleira de Urbanismo nunha operación anticorrupción, no marco das investigacións do caso Serralla. Tamén foron detidos varios empresarios e construtores
Arquivado o caso do rapaz ourensán que fora denunciado no Entroido por levar unha faixa na que se podía ler "Gora Alka Eta". O asunto foi estudado polo xuíz Pedraz, da Audiencia Nacional
O PP impide no Parlamento a creación da comisión de investigación sobre as axudas á fundación Fesán, que suma case 10 millóns en adxudicacións e subvencíóns da Xunta entre 2009 e 2013.
A Xunta esixe unha "compensación económica" por cumprir co límite de déficit, destacou no Parlamento o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez,