Onte presentouse en Madrid o libro No es Economía, es Ideología, de Economistas Frente a la Crisis
Onte presentouse en Madrid o libro No es Economía, es Ideología, de Economistas Frente a la Crisis
Exhuman o corpo de Arafat para saber se morreu envelenado. Hai meses un grupo de investigadores suizos atoparon restos de polonio na roupa do rais.
Os empresarios cataláns desconfían dun Goberno formado por CiU e ERC e un sector opta por pactar co PSC. Un sector de Unió, molesto coa campaña "personalista" realizada por Artur Mas.
O Eurogrupo aproba a seguinte fase do rescate de Grecia. Atenas recibirá antes de final de ano 34.000 millóns de euros dos 44.000 millóns pendentes pero o Eurogrupo negouse a aceptar unha quita da débeda.
Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego comezaron este martes unha folga de recollida de leite para reclamar uns prezos semellantes aos doutros territorios do Estado.
Representantes de plataformas de afectados pola estafa das preferentes presentan unha denuncia colectiva ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo co apoio do BNG. Viaxaron até Bruxelas membros dos colectivos de Lugo, Santiago, Salnés, Baixo Miño, Ferrolterra, Moaña, Morrazo, Condado-Louriña-Paradanta, Redondela-Arcade, Arousa, e de organizacións como Adicae-Vigo e Agaprofi A Coruña. Foto: Delmi Álvarez.
CiU abrirá conversas con Esquerra Republicana e o PSC para a formación do vindeiro Goberno catalán. Artur Mas pide "acompañamento" para os vindeiros catro anos e asegura que o referendo que tiña previsto "vaise facer". No diario Ara.
O Villareal, equipo da Segunda División de fútbol, renuncia a todas as subvencións públicas por existir "outras prioridades a nivel social" e subliña que está ao corrente de todos os seus pagamentos. Nos últimos anos o club tivo como patrocinador a, entre outros, o polémico aeroporto de Castellón.
Esta tarde José María Aznar presenta o primeiro volume das súas memorias. No libro o ex presidente do Goberno central narra como designou sucesor a Mariano Rajoy despois de que Rodrigo Rato se negase en dúas ocasións e tamén narra algunhas pasaxes da súa vida persoal. A Cadena SER avanza algúns dos contidos da publicación. (Foto: Editorial Planeta)
O blog Na Encrucillada publica a carta de presentación de dimisión da vicerreitora de titulacións e persoal docente e investigador da USC, Carmen Fernández Morante. No texto denuncia a perda de autonomía universitaria ao permitir que sexa a Xunta de Galicia a que decida a política de persoal e afirma que "no puedo avalar una decisión personal que plantea claras dudas de legalidad y que da respuesta exclusivamente a los intereses de algunos grupos y áreas de conocimiento de la universidad en detrimento de otras".