Sarkozy, á desesperada, afirma que "hai demasiados inmigrantes" e dilles aos sindicatos "que abandonen a bandeira vermella e sirvan a Francia". Marine Le Pen non dá consignas de voto para a segunda volta, pero anuncia que ela votará en branco.
Sarkozy, á desesperada, afirma que "hai demasiados inmigrantes" e dilles aos sindicatos "que abandonen a bandeira vermella e sirvan a Francia". Marine Le Pen non dá consignas de voto para a segunda volta, pero anuncia que ela votará en branco.
O éxito de #novullpagar na convocatoria masiva de hoxe colapsa as peaxes catalás. Nalgunhas autoestradas os traballadores abriron as barreiras sen apuntar as matrículas, mentres que noutros a garda civil realizou identificacións. Sorprendeu, precisamente, a presenza da garda civil ou da policía nacional, sen competencias en Catalunya.
Bolivia ordena expropiar a filial de Red Eléctrica Española (REE). O presidente boliviano, Evo Morales, dispón a expropiación das accións de REE nunha empresa transportadora de enerxía no país andino e manda ás Forzas Armadas a custodiar as instalacións da empresa, segundo informa EFE.
RTVE e as autonómicas terán que renunciar á metade da súas canles para facerlle oco ao 4G
A Asociación pola Conservación do Ecosistema Forestal Galego elaborou un informe audiovisual sobre o estado actual das Fragas do Eume un mes despois do incendio.
Disquecool, a revista dixital galega de tendencias, fai un ano. Parabéns!
O prezo dos billetes de tren de media distancia en Galicia sobe hoxe máis dun dez por cento. Por exemplo, entre A Coruña e Compostela pasa de 5'05 a 6'05 euros (ou de 6'05 a 6'75 noutra tarifa). Entre Compostela e Vigo pasan de 7,65 a 8,55 e de 9,15 a 10,20. E entre Vigo e A Coruña soben de 14'90 a 16'60.
A esquerda abertzale, EA, Aralar e Alternatiba presentan unha nova proposta socioeconómica a través da web haysalida.net. A proposta ten como base a soberanía de Euskal Herria, o investimento público na economía, a mellora dos servizos sociais e un novo modelo enerxético.
Denuncian que TVE censurou os discursos máis críticos na retransmisión da Gala dos Premios Max de Teatro.
"Sairemos á rúa até que isto cambie". Esa é a advertencia de CCOO e UGT tras a masiva manifestación de Madrid. "O 20 non é o final, non é o final o Primeiro de Maio, sairemos ás rúas aínda que lles moleste, para que isto cambie", aseguraron Toxo e Méndez, secretarios xerais dos sindicatos.