Denuncian que TVE censurou os discursos máis críticos na retransmisión da Gala dos Premios Max de Teatro.
Fálase
"Sairemos á rúa até que isto cambie". Esa é a advertencia de CCOO e UGT tras a masiva manifestación de Madrid. "O 20 non é o final, non é o final o Primeiro de Maio, sairemos ás rúas aínda que lles moleste, para que isto cambie", aseguraron Toxo e Méndez, secretarios xerais dos sindicatos.
Mentres, CC.OO. e UGT falan de 125 mil manifestantes nas súas marchas en Galicia. Na Coruña ofrecen unha estimación de 30 mil persoas (15 mil segundo a policía local). Máis información en Praza nuns minutos
Finalizan as manifestacións. A CIG realizou chamadas á folga xeral, que podería convocar para a primeira quincena de xuño. Na Coruña o sindicato cifra a participación en dez mil persoas (2.500 segundo a policía local), cunha asistencia meirande en Vigo. En Ferrol participaron ao redor de dúas mil persoas (imaxe via @AnaArias70)
As manifestacións de CIG e CC.OO. e UGT en Vigo, as máis numerosas de Galicia, baixo a chuvia e os paraugas
A CIG escolleu A Coruña para celebrar a súa manifestación central no 1º de maio
Tamén en Compostela, na marcha de CC.OO. e UGT (via @godial)
Participación moi numerosa nas manifestacións do 1º de maio en Ferrol (via @mouchosUGT)
As manifestacións percorren tamén as rúas de Vigo, baixo a chuvia. Os recortes dos Gobernos de Rajoy e Feijoo e o desemprego, no centro das protestas.
Ás doce do mediodía comezaron a meirande parte das manifestacións do 1º de Maio en Galicia. Na imaxe, a parte final da marcha da CIG na Coruña