As manifestacións de CIG e CC.OO. e UGT en Vigo, as máis numerosas de Galicia, baixo a chuvia e os paraugas
As manifestacións de CIG e CC.OO. e UGT en Vigo, as máis numerosas de Galicia, baixo a chuvia e os paraugas
A CIG escolleu A Coruña para celebrar a súa manifestación central no 1º de maio
Tamén en Compostela, na marcha de CC.OO. e UGT (via @godial)
Participación moi numerosa nas manifestacións do 1º de maio en Ferrol (via @mouchosUGT)
As manifestacións percorren tamén as rúas de Vigo, baixo a chuvia. Os recortes dos Gobernos de Rajoy e Feijoo e o desemprego, no centro das protestas.
Ás doce do mediodía comezaron a meirande parte das manifestacións do 1º de Maio en Galicia. Na imaxe, a parte final da marcha da CIG na Coruña
Comezou xa en Vigo a manifestación convocada por CUT, CGT, CNT, STEG e SF
A Xunta presume de diálogo social na súa declaración institucional para celebrar o Primeiro de Maio.
O Goberno estuda cobrar peaxes nas autovías. O Ministerio de Fomento ten avanzado un plan para aplicar este cobro a todos os vehículos lixeiros a un prezo inferior ao das autopistas. Os camións quedarían exentos.
CC.OO e UGT manifestaranse En defensa do emprego digno e con dereitos en dez cidades e vilas galegas:
A Coruña, 12 horas. Praza da Palloza
Ferrol, 12 horas. Praza do Inferniño
Compostela, 12 horas. Alameda
Ribeira, 11:30 horas. Praza do Concello
Lugo, 12 horas. Edif. Sindicais (Rolda da Muralla)
Burela, 12 horas. Praza da Mariña
Ourense, 12 horas. Pavillón dos Remedios
Pontevedra, 12 horas. Praza da Ferreiría
Vilagarcía, 12 horas. Praza da Ravella
Vigo, 11:30. Cruzamento Vía Norte-Urzaiz