Aumentan un 10% os sacrificios de vacas ante as dificultades creadas polo baixo prezo do leite e o elevado custe dos pensos.
Fálase
A Fiscalía de Pontevedra cita como imputados por estafa pola venda de preferentes a unha vintena de empregados de NCG
Audasa aumenta os seus beneficios e a remuneración dos seus directivos, ao tempo que reduce o seu número de traballadores, informa El País. Nos dous últimos anos a empresa tivo uns beneficios de 143 millóns de euros e reduciu o seu cadro de persoal en vinte persoas.
Google Earth atopa rastros de pirámides na ribeira do Nilo. Unha delas superaría o tamaño da de Giza, segundo conta El País.
Sanidade obriga a Mercadona a retirar once cosméticos ao mesturar compoñentes que non deberían estar asociados.
O Goberno prorroga a axuda de 400 euros aos parados de longa duración. Vén de anuncialo Mariano Rajoy. Máis información, esta tarde en Praza.
UGT advirte de que eliminar os 400 euros provocará revoltas en España. "A xente non pasará fame mentres os estantes dos supermercados estean cheos", asegura o secretario xeral de UGT-Catalunya.
Stiglitz pide a Europa que aprenda do 'corralito' arxentino e abandone a austeridade. O premio Nobel cre que as políticas da UE agravan a recesión.
O Defensor do Pobo vasco pide a liberdade condicional do secuestrador de Ortega Lara. Máis dun cento de etarras secundan unha folga de fame para pedir a excarceración de Iosu Uribetxebarria, enfermo de cancro.
A débeda da banca española co BCE aumenta un 11,4% en xullo, até o récord de 375.549 millóns de euros.