O sindicato CIG acorda convocar o seu VI Congreso para os días 25 e 26 de maio de 2013 e cre "imprescindíbel" reforzar a estrutura da central nas empresas "para combater a aplicación da reforma laboral".
Fálase
A vindeira edición da campaña publicitaria da Xunta Galicia, gárdasme o segredo? custará 847.457 euros. Está financiada nun 70% por fondos europeos.
Un erro de protocolo fai que presenten a Mariano Rajoy como "primeiro ministro das Illas Salomón" no cumio da ONU sobre desenvolvemento sostible que se está a celebrar no Rio de Janeiro. En 20 minutos
Todos os partidos vascos, agás o PP, celebran a decisión do TC de legalizar Sortu. Os promotores da formación legalizada valorarán hoxe a decisión.
Dilma Rousseff critica os países desenvolvidos na apertura da Rio+20. A presidenta do Brasil afirmou que a “transferencia das industrias contaminantes do Norte para o Sur” trouxo empregos pero “deixou unha pesada carga” sobre o medio ambiente.
As cabeceiras conservadoras quentan o ambiente político despois da decisión do TC de legalizar Sortu. ABC: "El TC se rinde a los proetarras", El Mundo: "Legalizado el partido de ETA", La Razón: "Aire para ETA"
O Goberno uruguaio legalizará a venda de marihuana e creará redes de distribución estatais, creando impostos para a súa venda. O presidente Pepe Mujica toma esta decisión para loitar contra o xeralizado consumo de pasta base, un forte e barato derivado das follas de coca que se fixo moi popular nos últimos anos.
A caixa resístese a eliminar a súa vella estrutura e converterse en fundación. A asemblea de NGB aprobou poucos acordos cunha presenza moi limitada de vogais
Novacaixagalicia celebra este mércores a súa asemblea xeral na que os traballadores pediron a conversión da entidade nunha "fundación especial" e onde se trataba tamén a cuestión das indemnizacións millonarias aos seus xestores. Non houbo quorum na primeira convocatoria e seguíase celebrando até a noite.
Este xoves 21 de xuño comeza o verán; será á 1:09 exactamente, e este será o día máis longo do ano.