Mudanzas Félix ofrécelle ao Ateneo Ferrolán un prazo dun ano para pagar a débeda de 39 mil euros fixada pola recente sentenza xudicial. A entidade disporía así de tempo para demandar xudicialmente o Concello. A empresa de mudanzas devolvería unha parte do patrimonio do Ateneo e quedaría co resto.
Fálase
Touriño cre que o PSOE "abonará o terreo ao populismo se non lidera a rexeneración". Asegúrao nunha entrevista ao Faro de Vigo.
Toda a oposición rexeita o candidato do PP para presidir RTVE. A reforma legal impulsada polos conservadores no inicio da lexislatura permitirá que José Antonio Sánchez, ex dirixente de TeleMadrid, saia elixido. só cos seus votos o vindeiro xoves.
A traballadora enferma de ébola tivo que chamar dúas veces a urxencias para convencelos de que a atendesen. Cóntao El Diario
Hernández anuncia unha "rebaixa xeral de impostos" no Concello de Santiago para o ano das municipais
O PSdeG logra paralizar o orzamento do Parlamento para 2015 grazas á ausencia de dous dos tres membros do PP na Mesa da Cámara. Os socialistas reclaman que as contas inclúan a devolución da paga extra de 2012 que se lles recortou aos funcionarios.
O dirixente do PP de Lugo José Luis Iravedra e tres militantes máis declararán como imputados por presunta carretaxe de votos nas autonómicas de 2012. A denuncia interpúxoa AGE, que achega documentación gráfica e testemuños de como os conservadores desprazaban anciáns dun asilo. Cóntao Faro de Vigo
A Fiscalía pide 20 anos de inhabilitación para o alcalde da Baña por manipular o censo antes das municipais de 2007. O rexedor foi designado recentemente polo PP como candidato á reelección, malia ao compromiso de suspender de militancia os cargos incursos en xuízo oral. Cóntao El País
ERC, disposta a apoiar a consulta alternativa de Mas, ao que pide, porén, que recupere o plan inicial. Oriol Junqueras reclama ademais unhas eleccións plebiscitarias para declarar a independencia se hai maioría parlamentaria.
O PP bota abaixo unha proposta de AGE garantir a liberdade de culto no Sergas. A proposición pedía tamén que os capeláns deixen de ser persoal do Sergas e, polo tanto, "deixen de percibir salario público"