Carlos Bardem recibiu a pasada noite no OUFF de Ourense o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado por Alacrán enamorado.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5469a3aded2a4-captura.png)
Carlos Bardem recibiu a pasada noite no OUFF de Ourense o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado por Alacrán enamorado.
Carlos Bardem recibiu a pasada noite no OUFF de Ourense o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado por Alacrán enamorado.
Abanca e o Etcheverría pechan hoxe a súa fusión e conforman unha entidade con 2,5 millóns de clientes e un ano despois de que o FROB iniciase a súa venda.
Facenda recupera 1.100 millóns ocultos no estranxeiro. Case 3.000 declarantes confesan ter cartos en Suíza, Andorra ou Liechtenstein. Ao non ter dereito á amnistía fiscal, asumen o delito e pagan unha multa.
O impago de nóminas ameaza a limpeza de colexios e centros de saúde. A empresa Linorsa recibiu contratos de Santiago e Vigo cando xa tiña débedas cos seus traballadores.
Veciños do parque Ofimático da Coruña cortan a estas horas o tráfico no acceso ao campus de Elviña ante o inminente desaloxo de varias familias de cinco casas.
O valor dos grandes patrimonios de Galicia crece dez veces máis que a economía. As sicavs galegas disparan a súa rendibilidade malia a crise.
Os socios do Mercantil de Vigo negan a venda da súa sede ao Celta por cinco millóns. Non queren perder a súa "xoia" e, en todo caso, reclaman máis diñeiro.
O ministro de Interior portugués dimite por un caso de corrupción do que se di inocente. Deixa o cargo porque cre que é o que "debe facer" en política ante as sospeitas.
Colombia suspende o diálogo coas FARC tras o secuestro dun xeneral do exército e outras dúas persoas. O presidente Santos cualifica o acto de "inaceptable".