O ministro de Interior portugués dimite por un caso de corrupción do que se di inocente. Deixa o cargo porque cre que é o que "debe facer" en política ante as sospeitas.

O ministro de Interior portugués dimite por un caso de corrupción do que se di inocente. Deixa o cargo porque cre que é o que "debe facer" en política ante as sospeitas.
Colombia suspende o diálogo coas FARC tras o secuestro dun xeneral do exército e outras dúas persoas. O presidente Santos cualifica o acto de "inaceptable".
Na Segunda División, o Lugo empatou na casa ante o Rácing de Santander (0-0). Na Segunda B, vitorias do Coruxo (3-2 ante o Tropezón), Somozas (2-1 ante o Astorga) e Compostela (4-1 ante o Zamora). Derrotas do Rácing de Ferrol (3-1 ante o Guijuelo) e do Celta B (2-0 ante a Cultural Leonesa).
Rematou a xornada da Terceira galega. Cerceda e Ribadeo lideran a clasificación.
Bertamiráns 0-4 Bergantiños
Boiro 1-1 Fabril
Barbadás 0-1 Pontevedra
Cultural Areas 1-1 Ribadumia
Ordes 2-0 Racing Vilalbés
Rápido de Bouzas 0-0 As Pontes
Choco 3-0 Alondras
Arousa 2-2 Cerceda
Laracha 2-1 Ribadeo
Silva 3-4 Xuventú Sanxenxo
Compromiso por Galicia está a celebrar ao longo deste domingo o seu I Congreso Nacional. A partir das 19 horas comezará a clausura do encontro, no que Xoán Bascuas será elixido secretario xeral e no que tamén se escollerán os membros do seu Consello Político. Toda a información, esta tarde en Praza.
A Fiscalía Anticorrupción comezou a tomarlles declaración a responsables de Enerxía entre 2007 e 2010, co Goberno do PSOE, nunha investigación para aclarar se o Executivo lles perdoou ás eléctricas unha débeda de entre 2.500 e 3.500 millóns de euros.
O comité de política federal do PSOE renova a súa proposta de reforma constitucional. Pide reunir a Conferencia de Presidentes para abordar o novo sistema de financiamento autonómico e abrir unha subcomisión na Comisión Constitucional do Congreso para “delimitar o ámbito da reforma”
Cayo Lara anuncia que non se presentará ás primarias de IU para escoller candidato ou candidata para as eleccións xerais. A formación espera que Alberto Garzón anuncie a súa candidatura nos vindeiros días ou semanas
Greenpeace abandona a zona das prospeccións petrolíferas na costa canaria tras a actuación da Armada que deixou ferida unha activista
Fenosa paralizará o proxecto de construción da liña de alta tensión O Irixo - Lalín se os afectados de Casas Vellas non aceptan elevar o tendido