Os sindicatos de NGB están reunidos aínda cos responsables da empresa para pactar un novo ERE. Fontes directas da negociación aseguran a Praza que o "clima" do encontro é "tenso" e que a dirección da entidade quere pechar 40 oficinas máis das 110 xa anunciadas
Fálase
O Partido Popular veta no Parlamento a apertura dunha comisión de investigación sobre Novagalicia Banco. Tampouco se debaterá no pleno
O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, asegura que a Xunta está disposta a negociar cos sindicatos o anteproxecto de lei que presentou o pasado venres "agás que eles renuncien a facelo"
A nova voceira do BNG no Parlamento, Ana Pontón, amosa o "recoñecemento" a Carlos Aymerich. "Ás veces, os amigos discuten, pero non deixan de ser amigos", di.
Pontón e Aymerich comparecen xuntos. O xa ex voceiro do BNG, visiblemente emocionado, despídese da prensa e gaba a "valía" da súa sucesora
A CIG convocará unha folga xeral a finais do mes de marzo. É un acordo ao que chegaron na Conferencia Nacional que ten lugar hoxe en Santiago
Pachi Vázquez envía unha mensaxe aos críticos do PSdeG: "o desafío está fóra do partido, non dentro". Amósase partidario de elixir o candidato ás autonómicas nunhas primarias.
Pachi Vázquez asegura, na presenteación do relatorio marco do congreso do PSdeG, ter "datos demoscópicos" que acreditan "que é posible gañarlle ao PP en Galicia"
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, vén de adiantar que o Consello de Ministros aprobará a reforma laboral este venres e pide aos axentes sociais que respecten a capacidade lexislativa do Goberno.
O Washington Post denuncia que 33 membros do Congreso dos EE.UU. adxudicaron proxectos públicos de construción -valorados en máis de 300 millóns de dólares- en zonas próximas a predios da súa propiedade ou de familiares directos.