O novo Goberno central ofrece o porto de Valencia para acoller os 629 refuxiados á deriva no Mediterráneo rexeitados por Italia e Malta. Así o comunicou á Generalitat Valenciana, que se amosara disposta a esta acollida xunto co Concello de Valencia.
Fálase
Nova sentenza condenatoria da trama Gürtel. A Audiencia Nacional sentencia que o PP se financiou ilegalmente en Valencia e impón condenas de prisión ao ex-secretario xeral do partido nesa comunidade, así como a membros da trama como Correa ou o 'Bigotes'
O Compostela segue adiante na fase de ascenso a Segunda B tras lograr a remonta da eliminatoria ante o Terrassa cun 3-0 en San Lázaro.
O novo Goberno de Italia pecha os portos a un barco con máis de 600 persoas migrantes por orde do novo ministro do Interior, o ultradereitista Matteo Salvini. Foran rescatadas pola ONG Sos Méditerranée.
A chegada ao Goberno central sitúa o PSOE como primeira forza en estimación de voto en eleccións xerais, segundo unha enquista de Celeste-Tel para eldiario.es
"Rajoy non designou sucesor porque non puido; designaríase a si mesmo". Anxo Lugilde debulla o novo escenario político estatal nesta entrevista en Nació Digital
Máis de 100.000 persoas forman unha cadea humana en Euskadi a prol do dereito de autodeterminación. A mobilización, impulsada pola plataforma Gure Esku Dago, estendeuse por un percorrido duns 200 quilómetros.
En marcha polo centro de Santiago a manifestación contra a mina de Touro e o Pino cunha masiva participación. O máis destacado da mobilización, nesta información de Praza.gal
Trump marcha do cumio do G7 en Canadá antes do seu remate e xusto cando ía comezar a sesión sobre cambio climático. Previamente o presidente dos EUA advertira da súa intención de seguir establecendo novos aranceis ás importacións, entre outras medidas proteccionistas. A imaxe, distribuída polo gabinete de Angela Merkel, ilustra a tensión do encontro, se ben a oficina da chanceler alemá difundiuna como "deliberacións á marxe da axenda oficial".
Axentes forestais gravan un oso pardo a escasos metros nos Ancares lucenses. O vídeo foi divulgado pola asociación Aprafoga. Podes velo con maiores dimensións nesta ligazón.