Persoal da Xunta concéntrase no interior de San Caetano en protesta polos recortes
Fálase
Rolda conxunta dos sindicatos educativos para criticar os recortes no ensino público ante San Caetano.
Fallo histórico nas P2P: un xulgado de California determina que un abonado non é responsable do "uso indebido" do wifi por terceiros. Até agora as demandas xudiciais por descargas de contidos con dereitos de autor sempre se basean na identificación da IP.
Un grupo de manifestantes asalta a embaixada norteamericana no Iemen en protesta polo filme que supostamente denigra a relixión musulmá
La Información publica un completo dicionario de termos parlamentarios, útil para seguir con maior facilidade os debates tanto do Congreso dos Deputados como do Parlamento de Galicia.
Polémica portada do ABC, que carga contra a manifestación independentista de Catalunya e asegura que "os cataláns terían fóra de España a renda de Chipre".
A práctica totalidade dos diarios impresos con difusión estatal, tanto os editados en Barcelona como en Madrid, dedican hoxe atención especial nas súas primeiras páxinas á asunción das reivindicacións independentistas por parte do presidente da Generalitat, Artur Mas
Artur Mas: "A España do norte cansouse da España do sur e a Europa do norte tamén cansou da Europa do sur". O president da Generalitat comparece nun almorzo informativo en Madrid, a onde non acudiu ningún membro do Goberno central.
A fronte proeuropea vence nas eleccións holandesas. Os liberais gañan por dous escanos aos laboristas, que incrementan o apoio. A extrema dereita sofre unha dura derrota ao perder 9 escanos e empatan en deputados cos socialistas radicais.
O DOG publica hoxe a instrución do Sergas sobre a atención a persoas sen dereito á sanidade pública. Como adiantou Praza, inclúe restricións para colectivos como as mulleres inmigrantes embarazas, ás que se lles restrinxe a dous meses a atención posparto.