Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela, copresidentes de Novacaixagalicia, teñen substitutos no consello de administración do banco ao que a caixa transferiu todo o seu negocio financeiro. As persoas que ocuparán o seu lugar son vellas coñecidas das caixas: Gonzalo Ortiz e Pilar Cibrán. Gayoso e Varela non cobrarán indemnización de NGB.
Fálase
Ao PP tampouco lle serve Joan Tardá para representar o Grupo Mixto do Congreso Comisión de Segredos Oficiais. Di "respectar" o deputado de ERC e asegura non desexar "un baile de nomes", pero vetará as propostas se implican integrar un deputado de Esquerra ou de Amaiur.
E tamén en Compostela (via @rubencomesana)
Moita participación tamén en Ourense na manifestación en defensa dos servizos públicos
Despois de Manuel Fraga, José María Aznar e o Papa Bieito XVI tamén terán rúas en Santiago
Milleiros de persoas tamén na manifestación de Lugo (via @xsglugo)
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos nas sete cidades galegas "en defensa dos servizos públicos" convocados de maneira unitaria por CIG, UGT, CCOO e CSI-F. Ao redor de cinco mil persoas na Coruña e cifras igualmente importantes no resto. Imaxe da marcha na Coruña
Islandia perdooulles as débedas hipotecarias a unha cuarta parte dos seus habitantes dende 2008.
O vicevoceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, amósase convencido de que Pachi Vázquez será o "único candidato" á secretaría xeral da formación no congreso que celebrará entre o 9 e o 11 de marzo.