Pemex dá un respiro a Barreras ao ampliarlle o prazo para entregar os avais do flotel. Así o asegura o presidente do estaleiro, que anuncia que en breve se asinará ese acordo para conseguir máis tempo.
Fálase
A Igrexa promove un concurso entre alumnado de colexios cofinanciados con fondos públicos baixo o lema El embrión humano, el más pequeño de los hermanos. Cóntao El Diario.
Rajoy pecha o seu discurso no Congreso concluíndo que "custou moita dor, pero o barco non afundiu”. Os grupos da oposición, dende a esquerda até CiU, responden con críticas ao seu "triunfalismo" e sinalan por exemplo que o plan de emprego xuvenil no que se investirán 1.000 millóns contrasta cos 4.000 millóns que se detraeron nos dous últimos Orzamentos Xerais para estas políticas.
Rajoy afirma que a reforma laboral "atenuou a destrución de emprego". Porén, en 2012 destruironse 850.000 empregos. As redes sociais reaccionan ante o optimismo do presidente do Goberno.
Rajoy anuncia que o déficit queda por debaixo do 7% e engade "o compromiso era 6,3%, pero Europa aceptará o 7%"
Rajoy comeza a súa intervención no debate de politica xeral rexeitando falar de "brotes verdes" pero salientando que "a débeda externa deixou de atenazarnos” e que "non chagamos ao final da viaxe pero superamos unha etapa trascendental"
Portugal revisa as súas previsións económicas ante o vindeiro exame dos seus acreedores internacionais, que comeza o luns. Anuncia que para este ano prevé unha recesión do 2% fronte ao 1% estimado previamente
Mantense a concentración fronte á casa de Aurelia Rey, que saíu á rúa para reiterar que non quere ser trasladada a outra vivenda lonxe do seu barrio.
A revista Materia analiza os riscos da homeopatía. Esta pseudomedicina, advirten os expertos, pode ser inocua pero tamén provocar graves problemas de saúde a quen a utilice.
Hoxe fanse dez anos do peche do xornal vasco Egunkaria, pechado por orde xudicial entre acusacións de colaborar co terrorismo, as cales decaeron nun xuízo que rematou en absolución. Luistxo Fernández, que foi xornalista deste diario, lembra "algúns nombres propios" vinculados á cabeceira, a comezar polo seu director, Martxelo Otamendi.