Mantense a concentración fronte á casa de Aurelia Rey, que saíu á rúa para reiterar que non quere ser trasladada a outra vivenda lonxe do seu barrio.
Mantense a concentración fronte á casa de Aurelia Rey, que saíu á rúa para reiterar que non quere ser trasladada a outra vivenda lonxe do seu barrio.
A revista Materia analiza os riscos da homeopatía. Esta pseudomedicina, advirten os expertos, pode ser inocua pero tamén provocar graves problemas de saúde a quen a utilice.
Hoxe fanse dez anos do peche do xornal vasco Egunkaria, pechado por orde xudicial entre acusacións de colaborar co terrorismo, as cales decaeron nun xuízo que rematou en absolución. Luistxo Fernández, que foi xornalista deste diario, lembra "algúns nombres propios" vinculados á cabeceira, a comezar polo seu director, Martxelo Otamendi.
O vicesecretario xeral do PP Esteban González Pons desvincula a Al Qaeda dos atentados do 11-M en Madrid porque "non saen en A noite máis escura", o filme sobre a captura e morte de Osama Bin Laden. Díxoo nunha entrevista en EsRadio, a canle de Federico Jiménez Losantos.
O blog No les creas do xornal Diagonal analiza a cobertura que ofreceu TVE sobre o falecemento da muller que se queimou ao bonzo nunha sucursal bancaria de Castelló. A canle pública converteu o "doloroso acto de protesta" nun "atentado contra unha sucursal bancaria", argumenta.
O Goberno de Bulgaria dimite en bloque ante as masivas protestas polos recortes e as subas de prezos. "Non podo ver o Parlamento rodeado de tapias", sinalou o primeiro ministro dimisionario, o conservador Boiko Borisov. En 20 Minutos
Máis de 7.000 sinaturas piden que non se expediente o bombeiro que se negou a participar no desafiuzamento de Aurelia Rey. As firmas piden ao Concello da Coruña que non tome medidas contra el.
Especúlase cos anuncios que Rajoy podería facer no debate sobre o estado da nación que comeza hoxe para desviar a atención da crise e da corrupción. Podería anunciar bonificacións para as empresas que contraten mozos en paro e medidas para fomentar o autoemprego e podería lanzar a cifra de déficit de 2012.
Gallardón enfronta hoxe unha folga de xuices. As asociacións piden rectificar os recortes en Xustiza e a futura lei do Poder Xudicial
Anonymous hackea a web do Concello da Coruña en protesta polos desafiuzamentos