Anonymous hackea a web do Concello da Coruña en protesta polos desafiuzamentos
Anonymous hackea a web do Concello da Coruña en protesta polos desafiuzamentos
Os bombeiros cataláns solidarízanse cos da Coruña e non participarán en desafiuzamentos. Nun comunicado, anuncian que non colaborarán nos desaloxos, tras o acontecido co caso de Aurelia Rey.
O representante da Liga Estudantil Galega abandona o Consello Social da USC. Considera que a renovación do organismo non se está a facer "en tempo e forma" e que "amosou ser inútil para o estudantado" ademais de "beneficiar o goberno de turno". Tamén critica que do Consello Social forma parte Rebeca Domínguez, concelleira do PP en Compostela imputada na Operación Pokemon.
A revista Mongolia publica a o documento íntegro da declaración achegada polo ladrón confeso do Códice Calixtino ao xulgado, na que asegura que na Catedral compostelá se produciron roubos e prácticas sexuais. As autoridades relixiosas de Santiago xa anunciaron accións legais.
A CIG reclama un sistema de financiamento para a construción naval que garanta a supervivencia do sector en Vigo e Pontevedra. Chama a resolver a cuestión da retroactividade das axudas e sostén que a recuperación da industria ferrolá pasa polo levantamento do veto á construción civil
O director de informativos de TVE, Julio Somoano, recolle un premio concedido ao labor do anterior equipo, destituído coa chegada do Goberno do PP. Cóntao La Información.
A Audiencia Nacional investiga as festas infantís organizadas pola actual ministra de Sanidade, Ana Mato, e o seu ex marido, Jesús Sepúlveda, ante a posibilidade de que fosen financiada con cartos da trama Gürtel. Cóntao a Cadena SER.
O IGVS ofrece unha vivenda de aluguer social a Aurelia Rey, pero esta négase a abandonar a súa casa. O avogado da anciá de 85 anos negociará coa familia propietaria para intentar parar o proceso de desafiuzamento.
A Catedral de Santiago denunciará o ladrón do Códice "por vulneración do dereito ao honor", despois de que este denunciase no xulgado supostos roubos e "prácticas sexuais" por parte dos relixiosos e traballadores do templo.
Os propietarios do piso de Aurelia Rey negocian coa anciá unha solución. "Imos polo bo camiño", di César Santiso, voceiro de EU na Coruña e presente na negociación que manteñen os donos do inmoble con Stop Desahucios. "Agora empézase a negociar de igual a igual", di o colectivo.