Máis de 3.400 menores sofren extorsión na Rede en Galicia. Uns 27.000 aseguran ter contactado con estraños por Internet, segundo un estudo que onte presentou o Valedor do Pobo.
Fálase
O Goberno rectifica e permitirá a xubilación anticipada a máis de 30.000 despedidos con 61 anos.
Pedro Sánchez teima en rexeitar a consulta catalá e advirte a Mas que "fracturará" a sociedade. O líder do PSOE ofrece como alternativa unha reforma constitucional.
A deputada do PP ferida no accidente do Alvia deixa o partido pola negativa a investigar o acontecido en Angrois, segundo conta La Voz
O 51% da poboación galega di que se negaría a participar militarmente "na defensa dunha España atacada", segundo un estudo do CIS que publica El Mundo. O mesmo inquérito reflicte que máis do 70% dos habitantes se senten tan galegos como españois, un 11% só españois e un 15%, só galegos
Máis da metade da mocidade española está a prol da pena de morte para delitos graves, segundo un estudo do Centro Reina Sofía que recolle El Diario
Afundación Galicia Obra Social, herdeira das fundacións das antigas caixas, ratifica Vigo como sede na constitución do seu padroado. Recólleo Faro de Vigo.
O conselleiro de Educación carga contra a CIG e as ANPA polas súas críticas no inicio do curso escolar. Jesús Vázquez acusa o sindicato de difundir "falsidades" e cuestiona a representatividade de asociacións de pais e nais. Recólleo El País
Un usuario do Sergas denuncia o "colapso" das urxencias do Arquitecto Marcide de Ferrol, con padiolas acumuladas nos corredores e pacientes agardando por unha cama "dende hai 24 horas".
As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 3.340 persoas en Galicia durante o mes de agosto. É a autonomía cun maior descenso. No conxunto do Estado o paro rexistrado aumenta en 8.070 persoas. Máis información, hoxe en Praza.