Vén de abrir un blog dedicado ao novo director de AGADIC, Jacobo Sutil, que xoga cunha fotografía súa atopada no Facebook. O nomeamento foi criticado pola inexperiencia de Sutil na xestión cultural.
Fálase
O primeiro ministro portugués oponse a subir o salario mínimo no país porque, ao seu xuízo, suporía unha "barreira" para crear emprego. Recólleo Público
O número de persoas consideradas ricas por teren máis de 30 millóns de dólares aumentou un 5% durante 2012 en todo o mundo. Recólleo Europa Press na súa web.
A Fiscalía abre unha investigación sobre a morte da anciá no Hospital de Vigo. A familia da muller denuncia falta de atención no centro, segundo conta El País.
A Diputación de Gipuzkoa mantén a ikurriña e a bandeira de Venezuela a media hasta pola morte de Hugo Chávez, segundo conta Naiz.info.
A SER adianta que a Policía destaca, nun informe sobre os papeis de Bárcenas, que se detecta "dobre sistema de facturación dos actos" do PP en Galicia nas eleccións de 1997 e 1999. A Audiencia Nacional vén de asumir a investigación dos documentos.
#consellodaxunta O Goberno galego nomea director da AGADIC a Jacobo Sutil Nesta, ata o momento alleo ao mundo da cultura. Licenciado en Ciencias Empresariais, o groso da súa actividade profesional desenvolveuse nunha empresa construtora.
Está a causar controversia na rede social Twitter o xeito en que La 2 de TVE promociona a emisión do filme, Good bye, Lenin, tanto polo erro na transcrición do título como pola presentación da fita.
A actriz Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón honorífico que se entrega na cerimonia dos María Casares. A gala dos premios do teatro galego celebrarase o 27 de marzo no Rosalía de Castro da Coruña
Seis imputados por impedir o desafiuzamento de Aurelia Rey na Coruña, segundo confirma Stop Desahucios. Varios activistas foron denunciados tras os disturbios coa policía o pasado 18 de febreiro. Máis información, esta mañá en Praza.