O Consello de Contas ratifica "falta de control" na Xunta por desprazar facturas de 2010 ao exercicio de 2011. O mesmo informe acredita unha inxección de 15 millóns de euros nos medios durante ese mesmo ano.
Fálase
Organizacións feministas reclaman a retirada do anuncio co que a Academia de Publicidade "homenaxea" a RAE no seu terceiro centenario. Sinalan que a montaxe é "sexista e discriminatoria".
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia chama a "indignarnos e mobilizarnos ante as reformas neoliberais, ante o adelgazamento do Estado de Benestar e a hipertrofia do Estado Penal" no Día da Educación Social, que se celebra hoxe. En Twitter están a conmemorar a xornada co hashtag #edusoday
Cinco entidades e un fondo estranxeiro, interesados en Novagalicia Banco. Podería ter un novo dono a mediados do mes que vén.
Bota a andar a campaña #AndroidEnGalego. Promovida por Mallandroid e apoiada por empresas do sector, reclama a tradución a lingua galega do popular sistema operativo de Google para dispositivos móbiles.
Este mediodía celébrase a xuntanza de Feijóo cos ex presidentes da Xunta. A convocatoria de Monte Pío é só para medios gráficos, polo que non caben preguntas.
O paro subiu en setembro en 25.572 persoas, e suma 4.724.355 desempregados. Con todo, é o mellor mes de setembro dende 2007. Cae tamén a afiliación á Seguridade Social en 22.242 persoas. En Galicia hai 3.209 desempregados máis que o mes pasado.
Ás 9.30 comeza no senado italiano a moción de confianza do primeiro ministro Enrico Letta. Verase se os deputados do PDL seguen as indicacións de Berlusconi para que voten en contra para acelerar a caída do Goberno ou se atenden ao número dous dos conservadores, Angelino Alfano, que aposta por apoiar a Letta.
Despois do fracaso na implantación do DNI electrónico, ponse en marcha o DNI 3.0, do que se promete que terá unha maior facilidade de expedición e de uso.
Este mércores comeza o xuízo contra Carlos Fabra, ex presidente do PP de Castellón. Está acusado de tráfico de influencias, suborno e fraudes fiscais e para el piden unha pena de 13 anos de prisión. Fontes xudiciais sinalan que Fabra será procesado en “territorio amigo”.